Wednesday 15 de May de 2024

O Arzúa proclámase vencedor do XX Trofeo Intermunicipal de Fútbol Sala


O Ordes rematou en terceira posición conxuntamente co Frades
O equipo do Arzúa proclamouse vencedor do XX Trofeo Intermunicipal de Fútbol Sala, disputado na vila de Ordes e organizado polo Concello. O 3 a 1 ante o Santa Comba, subcampión desta edición, valeulle para alzarse co máximo distintivo tras un emocionantísimo encontro que finalizou o seu tempo reglamentario cun empate a 2. Houbo que esperar á prorroga para saber cal era o nome do gañador deste ano. O Ordes ocupou o tercerio lugar cconxuntamente do Frades, completando así a táboa clasificatoria. Os anfitrións caeron derrotados por 3 a 4 en semifinais na ronda de penaltis ante un Santa Comba que saíu a por todas. Tamén destacou Rubén Palmeiro, do Trazo, que conseguiu o premio ao máximo goleador desta edición con 5 tantos encaixados.
Durante todo o día os pavillóns Castelao I e II acolleron a centenares de seguidores e xogadores, convertindo á vila ordense no punto de maior interese para os aficionados e aficionadas a esta modalidade deportiva. En total congregáronse máis dun centenar de xogadores pertencentes de 10 equipos. Este foron os dos concellos de Trazo, Frades, Tordoia, Santa Comba, Touro, Negreira, Arzúa, Vedra, Teo e Ordes.
Tanto o alcalde de Ordes como a concelleira de Deportes, José Luis Martínez Sanjurjo e Ana Soneira, foron os encargados de entregar os premios e galardóns, momento no que estiveron acompañados de moitos e moitas representantes e membros dos equipos dos gobernos dos concellos participantes. Cada un dos equipos recibiu como agasallo un trofeo conmemorativo, ademais de equipacións e material deportivo.